← Volver atrás

Calvo Domínguez, Daniel

Alcume: o Barbeiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Langullo, Santa María de Cesuris, Manzaneda
(Ourense)

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casado con Brígida Monteagudo. Veciños de Langullo.

Simpatizante libertario.

Fuxido

Co golpe de Estado, no ano 1937, os seus amigos Mario Rodríguez Losada, o Pinche, e Manuel García Rodríguez, o Porco, víronse na obriga a botarse ao monte para salvar as súas vidas despois do asasinato do pai de Mario. O Pinche viviu como unha toupa en Santa María de Pena Folenche, A Pobra de Trives (Ourense) e Manuel García en Santiago de Placín, Manzaneda. O outro amigo do grupo era Daniel Calvo Domínguez, o Barbeiro, que permaneceu no pobo.

No ano 1941 xulgouno o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado de sentenza de sobresemento.

Correndo o 1952 e cando a Garda Civil descobre que encargara un traxe para Mario Rodríguez, diante do medo botouse ao monte. Tivo unha enfermidade na pel e curouno o médico interino de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) do Bolo, Sebastián Ricoy Otero, que non dixo nada ás autoridades franquistas.

O día 25/09/1953 acusárono de participar co Pinche nun atraco en Santa María de Torbeo, Ribas de Sil (Lugo).

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco a man armada, na causa 94/53, co resultado de sentenza de sobresemento.

O día 10/12/1955 apareceu o seu cadáver, morrera facía uns meses. Descoñécese quen o matou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha