Nacemento:
Morte:
Funcionario, escritor e político, 25 anos. Casado con María-Ignacia Ramos Díaz; tiveron dúas fillas: Margarita e María-Victoria. Veciños de Ferrol. Estudou as carreiras de Dereito e de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). De 1933 a 1936 exerceu de auxiliar administrativo no Concello de Ferrol. Profesor de Lingua Española e Literatura na Segunda Ensinanza no ano 1937.
No ano 1931 participou na creación do Partido Galeguista (PG) e contribuíu ao proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Participou activamente no movemento galeguista e foi presidente do PG en Ferrol. Compromisario para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.
Colaborou con A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color...
Encarcerado. Depurado.
Cando se produce o golpe dos rebeldes estaba en Madrid nunhas oposicións para catedrático de Lingua e Literatura Española para instituto; alí pasa a guerra civil como soldado do Batallón Félix Bárzana do Exército Popular republicano. Mantívose fiel á República e acadou o grao de tenente na defensa da capital. Destinárono ao Servizo de Intendencia do Exército do Sur.
Rematada a contenda nacional prendérono os fascistas en Andalucía.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Xaén co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Preso en Xaén, en 1941 saíu en liberdade provisoria e regresou a Ferrol.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de Xaén.
Imposibilitado para a ensinanza pública adicouse á docencia privada no Colexio Fingoy de Lugo. Máis tarde exerceu de profesor en varios institutos públicos e desde 1972 foi catedrático na USC.
Membro numerario da Real Academia Galega (RAG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.