← Volver atrás

Carretero Sanz, José

Alcume: Toledano, Chamorro, Largo, Pepe
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Madrid

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Impresor. Veciño de Madrid.

Afiliado ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e secretario xeral do Comité Provincial do PCE en Madrid.

Encarcerado.

Miliciano republicano, acadou o grao de tenente de Infantería na guerra civil. Tamén foi comisario político nunha compañía do Exército Popular da República.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

No ano 1944 os comunistas encargáronlle a organización da Agrupación Guerrilleira na capital de España.

A dirección do partido, cando xa o perseguían en Madrid, enviouno en xaneiro de 1945 á Coruña pasándose por un viaxante de calzado e para substituír a José Cerveró Ruiz; viña como delegado do PCE e da Unión Nacional Española (UNE). Na Coruña contactou con Francisco-Javier Caridad Mateo (fillo do xeneral Caridad Pita), quen regresara de México en 1944 e que estaba a reconstruír o PCE na Coruña.

A Francisco-Javier Caridad Mateo, Manuel Vidal García, detivérono no mes de novembro de 1945 e trasladárono a Madrid con Alfonso Bengoa Ibabe e Práxedes Garcés de Mingo. Os represores tamén detiveron a: Isaac Vázquez, José Manzanares e José Carretero Sanz.

Xulgárono en consello de guerra en Madrid, con máis persoas, no ano 1945 co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Unha condena pequena no seu caso por non poder relacionalo coa guerrilla madrileña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha