← Volver atrás

Caridad Mateo, Francisco-Javier

Alcume: Manuel Vidal García
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Cambre
(A Coruña)
- 16/11/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 14/09/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Aparellador, militar e político, 28 anos. Casou con María Manzanero Salas. Veciño da Coruña. Fillo de Rogelio Caridad Pita, gobernador militar da Coruña en 1936 e fusilado polos sublevados. Irmán de Carlos Caridad Mateo, José Caridad Mateo, Rogelio Caridad Mateo e Vicente Caridad Mateo, todos eles fuxidos. Estudou a carreira de Aparelladores.

Militante do PCE.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Loitou nas rúas da Coruña contra do movemento golpista.

Despois do triunfo dos militares rebeldes figuraba nos informes da policía represora como fichado e considerado comunista. Mantívose agochado.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva, coñecida como a Fuga do Portiño; acudiron 24 mozos. Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon 20 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde); catro tentaron fuxir guindándose ao mar desde moita altura. Entre os fuxidos estaba Francisco Caridad, quen conseguiu chegar a Francia en barco o día 03/05/1937.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados foron: Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, Ramiro Fontenla Andújar, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, Iquiño, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar, Manuel Baldomir Vázquez e Antonio Vidal González.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Despois entrou na España republicana, cando o devolveron os franceses con outros republicanos, e loitou na división que mandaba Enrique Liste Forján, Enrique Líster; participou nas campañas de Teruel e na batalla do Ebro, graduándose de comandante.

Perdida a guerra, volveu a Francia e internárono no capo de concentración de Argelès-sur-Mer.

Despois exiliouse en México; chegou no buque Mexique a Veracruz o día 27/07/1939.

Co nome de Manuel Vidal García retorna a Galicia desde Madrid no ano 1944, despois de catro anos, co grupo de Jose Gómez Gayoso e co gallo de reorganizar o PCE na capital coruñesa. En xaneiro de 1945 contactou con José Carretero Sanz, enviado desde a dirección do PCE en Madrid como delegado do partido e da Unión Nacional Española (UNE), en substitución de José Cerveró Ruiz.

Militante do PCE. A Francisco-Javier arrestárono no mes de novembro de 1944 e trasladárano a Madrid con Alfonso Bengoa Ibabe e Práxedes Garcés de Mingo. Tamén detiveron a Isaac Vázquez, José Manzanares e a José Carretero Sanz.

No ano 1945 condenárono a 25 anos de prisión, pasando polos cárceres de Alcalá de Henares (Madrid) e pola Prisión Central de Burgos, de onde sae en liberdade condicional en 1956.

Ao quedar en liberdade volveu á Coruña, onde sempre estivo baixo vixilancia. Traballou como caixeiro en Pesquerías del Bacalao, S.A. (PEBSA) nos anos sesenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.