← Volver atrás

Caridad Mateo, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Avogado, 27 anos. Fillo de Rogelio Caridad Pita, gobernador militar da Coruña en 1936 e fusilado polos sublevados. Irmán de Carlos Caridad Mateo, Francisco-Javier Caridad Mateo, José Caridad Mateo e Rogelio Caridad Mateo, todos eles fuxidos.

Procesado. Exiliado.

Nos momentos do golpe de Estado, o día 20 de xullo, confirmoulle ao gobernador civil Francisco Pérez Carballo a detención do seu pai polos rebeldes.

Mobilizado polo exército franquista, desertou e pasouse cara o bando republicano, onde foi soldado do Estado Maior do V Corpo de Exército.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sedición, na causa 426/36, co resultado de sentenza de sobresemento.

Neste xuízo ditouse auto de sobresemento, entre outras persoas, para: Vicente Caridad Mateo, Eugenio González Naya, Antonio Rodríguez Zapata e José Villar Santamaría.

Exiliado en Francia.

No ano 1939 embarcou no buque Sinaia e exiliouse en México; chegou a Veracruz o día 13/06/1939 cos seus irmáns José, Rogelio e Carlos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha