Nacemento:
Morte:
Avogado e escritor. Casou na Coruña o día 29/06/1935 con Asunción Pérez-Cabello García; tiveron un fillo: Jorge. Veciños da rúa Arcebispo Lago, 1-1º, na Coruña. Vivía coa súa familia na cidade herculina desde 1913. Estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e obtivo a licenciatura no ano 1932. Durante a II República exerceu como avogado na Coruña e impartiu conferencias no Casino Republicano herculino.
Colaborou con La Voz de Galicia e doi director literario da revista Alma.
Militante de Unión Republicana (UR)
Membro da masonería.
Procesado. Exiliado.
Antonio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sedición, na causa 426/36, co resultado de sentenza de sobresemento.
Neste xuízo ditouse auto de sobresemento, entre outras persoas, para: Vicente Caridad Mateo, Eugenio González Naya, Antonio Rodríguez Zapata e José Villar Santamaría.
Exiliouse coa súa dona, nos anos corenta, en Uruguai.
Incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.