Nacemento:
Morte:
Canteiro, militar e político, 29 anos. Casado o 20/11/1937 con Carmen López Serrano (Principado de Asturias). Irmán de Eduardo Liste Forján, de Faustino Liste Forján, de Constante Liste Forján; tamén de Manuel, Manuela e Aurora. Emigrou aos 11 anos a Cuba e regresou en 1925 a Galicia. Converteuse nun importante activista sindical na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja; volveu para a illa caribeña no ano 1927 e, aos poucos meses, deportárono as autoridades de migración. Detivérono ao desembarcar na Coruña; sae da cadea en maio de 1929, pero pouco lle dura a liberdade, reingrésano na prisión da que sae o día 04/05/1931.
Militante do PCE desde 1925.
Proclamada a República, enviárono a Rusia, onde chega en setembro do ano 1932 e fórmase política e militarmente na Escola Militar Soviética. Ao seu regreso a España en agosto de 1935, con pasaporte portugués, integrouse na dirección das Milicias Antifascistas Obreiras e Campesiñas (MAOC) de Madrid, que funcionaban como forzas armadas de choque do PCE.
Despois de gañar as eleccións de febreiro de 1936 a Fronte Popular (FP), aceleráronse os plans rebeldes da Unión Militar Española (UME).
Exiliado.
Comezada a guerra civil estivo nas frontes da Serra de Guadarrama, Toledo e Madrid como Maior de Milicias. Tamén pasou polas frontes de Guadalaxara, Brunete, Belchite e Teruel; aquí acada o grao de tenente coronel. Acadou o grao de xefe do V Corpo de Exército do Exército do Centro pola súa participación na batalla do Ebro (o V Corpo de Exército integrábano as divisións 11ª, 45ª e 46ª); despois de meses de combate, a finais de outubro de 1938, as súas tropas retiráronse organizadamente, cando xa era coronel.
Logo da caída de Barcelona o V Corpo de Exército, que el mandaba, encargouse de protexer a retirada do groso das tropas cara Francia.
Volve para a fronte de Valencia e logo pasou a Madrid. Á caída da resistencia republicana, saíu de Elda (Alacante) nun avión para Toulouse (Occitania, Francia) o día 07/03/1939. Logo estableceuse en Rusia, de 1939 a 1944, onde prosegue os seus estudos militares.
Acadou o grao de xeneral no Exército Rojo ruso na II Guerra Mundial, participando, entre outras accións, na ofensiva sobre Leningrado (hoxe San Petersburgo, Rusia).
Cando se produce a liberación de Francia dos nazis, crease o Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG), que mantén lazos coa Unión Nacional Española (UNE) e que preside o independente Manuel Portela Valladares e no que figuran: Santiago Casares Quiroga e Manuel Martínez-Risco Macías, de Esquerda Republicana (ER); César Alvajar Diéguez, de Unión Republicana (UR); Enrique Liste Forján, polo PCE; Luis Vidal, pola UXT e Luis Vázquez Rodríguez, polo PSOE. O Partido Galeguista (PG) non tiña representantes porque tiña pouca forza no exilio.
Desenvolveu un destacado papel nos plans guerrilleiros do PCE en Francia desde 1945, sendo un dos responsables da loita armada clandestina ata 1948. Expulsado do PCE en setembro de 1970 pola súa inimizade con Santiago-José Carrillo Solares, en 1972 funda o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), no que militan a maioría dos ex-guerrilleiros sobreviventes.
Volveu a España en 1977, logo da morte do ditador.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.