← Volver atrás

Liste Forján, Constante

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

San Xoán de Calo, Teo
(A Coruña)
- 30/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, político e sindicalista, 36 anos. Casado con Dolores Carro; tiñan cinco fillos e un en camiño. Veciños de Calo. Irmán de Enrique Liste Forján, Enrique Líster, de Faustino Liste Forján, de Eduardo Liste Forján; tamén de Manuel, Manuela e Aurora. Estivo emigrado en Cuba.

Fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo, que fundou cos seus irmáns Enrique e Faustino. Logo da vitoria da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, foi concelleiro e nomeárono 1º tenente de alcalde de Teo; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Teo de 1936, entre outras persoas, a: José Rodríguez Vázquez (alcalde), encarcerado; Avelino Rosende Rosende, exiliado.

Paseado. Desaparecido.

Despois do alzamento rebelde a súa nai pediulle que escapara cara América, pero el mantiña que non fixera mal a ninguén.

Prendérono os franquistas e ingresárono no cárcere da Falcona, no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, de onde o sacaron para asasinalo na noite do 2 ao 3 de outubro.

O seu cadáver non apareceu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha