Nacemento:
Morte:
Curtidor e político, 50 anos. Casado con María Camba Fernández, presa en Ponteareas. Veciños de Ponteareas (Pontevedra). Emigrado en América, de onde volveu nos anos dez. Trasladouse a Ponteareas onde montou un taller de talabarteiro e o Bar Benito.
Presidente da Sociedade Labrega de Ribadavia no ano 1916 e da Federación de Sociedades Labregas do Partido Xudicial de Ribadavia en 1920. Fundou a Agrupación Socialista (AS) de Ponteareas da que o elixiron o primeiro presidente en 1924. Na II República sería concelleiro polo PSOE e deputado provincial. Membro do Sindicato da Pel e presidente da Casa do Pobo. Elixido alcalde o día 14/05/1936, exercendo ata o día 18/07/1936.
Dirixiu o voceiro socialista Renovación.
Fuxido. Exiliado.
Despois do golpe de Estado foxe e agóchase nas casas dos amigos, logo pasou á casa dun irmán en Ribadavia. Con posterioridade agochouse no domicilio dun crego, amigo da familia, en Santiago de Ribarteme, As Neves (Pontevedra), onde pasou un ano.
Agochado ata que puido escapar a Portugal; detivérono en Monção, Viana do Castelo (Portugal) e ingresárono no cárcere de Tui (Pontevedra) do que puido fuxir e agochouse en Ribadavia.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Amparado polos edictos do gobernador civil Manuel Gómez Cantos, volveu a Ponteareas e logo a Vigo.
Saíu do país por Salvaterra de Miño e pasou a Portugal en xuño de 1939, onde permaneceu preto dun ano ata embarcar cara Nova York (Estados Unidos) en maio e 1941, grazas á axuda da Xunta de Auxilio aos Refuxiados Españois (XARE).
En xullo de 1941 cruzou a fronteira de Estados Unidos cara México. En 1955 vivía en Oaxaca.
Regresou de xeito definitivo a Galicia no ano 1967; viviu en Vigo e Pontareas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.