← Volver atrás

Castaño Galdo, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Vila de Bares, Santa María de Bares, Mañón
(A Coruña)
- 14/10/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 16/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 32 anos. Casado con Manuela Báez. Veciños de Bares.

Militante de Esquerda Republicana (ER). Co triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 elixírono alcalde de Mañón, cargo que desenvolvía cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiro na Corporación de Mañón de 1936, entre outras persoas, a Mario Fernández Salgueiro, encarcerado.

Executado.

Despois do golpe militar permaneceu agochado na súa casa, onde o prenderon os fascistas.

Xulgado en Ferrol en consello de guerra o día 15/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 215/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Castelo de San Felipe, en Ferrol, onde o tiñan preso.

O día 16 de abril executaron no Castelo de San Felipe os seguintes veciños de Mañón: Jesús Castaño Galdo, labrego (alcalde de Mañón); Germán Cervo Maseda, mariñeiro; Jesús-María Fernández Fernández, mariñeiro; José Rivera Vieiros, carpinteiro; Manuel Ventosinos Pereira, carabineiro, e Jesús Verdeal Maseda, xornaleiro.

Nunha carta que lle envía á súa dona, Manola, indícalle que os seus acusadores, en falso, foran o médico Cao, Paleo, Gallego e José Bares. Dille tamén que el sempre tratou ben a xente, que non lle fixo mal a ninguén e que así llo pagan. Pídelle que non lle de nada ao cura Antonio Parapar, que o que teña que dar sexa para os pobres.

Procesárono por responsabilidades políticas e por masón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha