← Volver atrás

Castro Dono, Ramiro-Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Depurado. Sancionado

Nacemento:

San Xiao de Guimarei, A Estrada
(Pontevedra)
- 17/11/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Estrada
- 10/10/1969 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, escritor e político, 23 anos. Casado con María Maceira Matalobos; tiveron un fillo: José. Veciños da Guarda (Pontevedra). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando no ano 1932. Secretario do Comité pro Monumento a Pardo de Cela, na Estrada, en decembro de 1932. No ano 1934 destinárono como mestre á Escola da Mariña da Guarda.

Secretario do Comité pro-Estatuto en 1933. Secretario do Partido Galeguista (PG) na Guarda e, despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, elixírono concelleiro.

Publicou os seus poemas en varios xornais.

Fuxido. Depurado. Sancionado.

Cando se produce o golpe de Estado agochouse e permaneceu fuxido durante 12 anos. Entre outros lugares, agochouse na casa de Manuel García Barros, Ken Keirades, onde escribiu o Cara o Sol vermello.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en setembro do ano 1936. Sancionárono coa inhabilitación como mestre por Orde ministerial do día 31/10/1941.

Resistiu agochado ata o ano 1947, cando se presenta ás novas autoridades fascistas por mor dunha das amnistías promulgadas.

En xullo de 1947 nomeárono axente executivo interino do Concello da Estrada. Procurador da Audiencia Territorial da Coruña desde 1948.

En 1951 revisouse o seu expediente de depuración e recuperou a praza coa sanción de “traslado durante cinco años e inhabilitación para cargos directivos y de confianza”.

Renunciou á súa carreira literaria, limitándose á docencia; queimou toda a súa obra.

Sospeitoso para as autoridades do Réxime, prendérono en varias ocasións.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha