Nacemento:
Morte:
Mestre, escritor e xornalista, 59 anos. Casou en 1906 en Pousada con Carmen Insua Rodríguez, falecida en 1941, aos 63 anos; tiveron catro fillos. Veciños da Estrada. Pai de David García Insua, denigrado.
Fillo de labregos, estudou maxisterio por libre na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e rematou no ano 1905. Ocupou a praza de mestre de Primeira Ensinanza na Estrada. No ano 1927 aprobou a oposición de mestre nacional e destinárono a Castrelo do Val (Ourense).
Desde mozo colaborou con artigos en varias revistas e xornais, recibindo varios premios literarios pola súa obra escrita.
Simpatizou cos movementos agraristas e coas Irmandades da Fala, tamén co grupo Nós, sobre todo con Ramón Otero Pedrayo. Nos anos vinte era recoñecido como un referente da lingua e do galeguismo.
Denigrado. Encarcerado. Sancionado. Depurado.
Os fascistas sacárono da súa casa co seu fillo David, obrigárono a inxerir aceite de rícino, a cantar o Cara o sol e a borrar as pintadas pro-estatuto.
Sancionárono cunha multa de 200.000 pesetas.
Despois do golpe de Estado depurárono coa suspensión de emprego e soldo; emprego que xa non volveu recuperar. A separación definitiva do servizo confirmáronlla no ano 1940.
Na súa casa ocultáronse, entre outras persoas, o mestre Ramiro-Alfonso Castro Dono e o escritor e xornalista José-María Sánchez Brea.
No ano 1955 volveu pasar pola cadea.
En 1957 nomeárono membro da Real Academia Galega (RAG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.