Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 49 anos. Casado. Veciño de Cambados. Patrón de pesca.
Militante da CNT e presidente do Sindicato da Industria Pesqueira e Oficios Varios. Patrón maior do Pósito de Cambados.
Executado.
O día 20/07/1936 fórmase un Comité de Defensa da República fronte aos rebeldes, que preside o alcalde José-Manuel Silva Losada e no que figuran: Manuel Bugallo Martínez, Antonio Chaves del Río, Juan-José Varela Oubiña e Peregrino Pontevedra González. O Sindicato de Oficios Varios declara a folga xeral revolucionaria con requisas de armas e asaltos a domicilios; na noite deciden asaltar o cuartel da Garda Civil e morre a dona do cabo comandante do posto. O día 21 de xullo chegan forzas golpistas da Garda Civil e sufocan a resistencia.
Detivérono os facciosos e puxo á disposición do comandante militar de Pontevedra o delegado de Orde Pública o día 24/09/1936, xunto con Elías Porto Trigo, armador, e José-Manuel Silva Losada, empresario; ingresáronos no cárcere de Cambados.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 10/12/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua, coa accesoria de interdición e inhabilitación absoluta perpetua.
Neste consello de guerra xulgaron a: Manuel Bugallo Martínez, mariñeiro; Antonio Chaves del Río, mariñeiro; Manuel Martínez Piñeiro; Peregrino Pontevedra González, mariñeiro; José-Manuel Silva Losada, empresario, e Juan-José Varela Oubiña, mariñeiro.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
O día 28 de decembro aplicáronlle a Lei de Fugas en Vilaboa, cando o trasladaban da Illa de San Simón ao cárcere da capital provincial. Amparáronse para asasinalo no xa recorrente intento de fuxida, que se baseaba na suposta avaría do coche de transporte e na nocturnidade, informe que asina o capitán Joaquín Velarde Velarde.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.