← Volver atrás

Cortiñas Díaz, Francisco

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 09/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Propietario, 41 anos. Solteiro. Veciño da Praza Irmáns García Naveira, en Betanzos. Era un dos 13 fillos do boticario Cortiñas. Irmán de Luis Cortiñas Díaz, avogado, membro das Irmandades da Fala, militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e logo de Esuera Republicana (ER), encarcerado en Pamplona.

Sen afiliación política coñecida, pero dereitista e moi relixioso.

Os Cortiñas, persoas das dereitas, non se levaban ben co seu irmán Luis, das esquerdas; Francisco nin o tivo en conta na súa herdanza. Luis Cortizas chegou a escribir que moitos do pobo consideraban a morte de Francisco como un castigo do ceo polo mal que a el lle fixera.

Asasinado.

Morre na Praza Irmáns García Naveira a mans do garda civil Juan Guisando Garrido, a carón do seu domicilio. O garda civil requiriulle en plena rúa a entrega dunha máquina de escribir, que era do seu irmán Luis, que estaba detido; Francisco negouse á requisitoria e a ser detido, o que alporizou ao número; doulle as costas, non facéndolle caso, e o garda disparoulle causándolle a morte.

Morte inscrita no Rexistro Civil por mor dunha hemorraxia interna na cavidade abdominal.

Soterrárono no cemiterio de Betanzos.

Juan Guisando rematou procesado por homicidio encarcerado no Castelo de San Antón, na Coruña. Semella que se suicidou na cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha