Nacemento:
Morte:
Labrega, 33 anos. Casou o día 23/06/1928 en San Pedro de Vilareda, Palas de Rei, co labrego e mineiro Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; tiveron seis fillos. Veciños de San Xiao do Camiño, Palas de Rei (Lugo).
Encarcerada.
Os represores tentaran coller ao seu home en dúas ocasións na súa casa e das dúas veces burlou a redada. Os represores centraron a súa rabia na súa dona e tivérona encarcerada en Lugo por case que un mes, do 06/03/1940 ao 03/04/1940, data na que a deixaron en liberdade.
A familia de Curuxás sufriu as consecuencias da súa clandestinidade e os catro fillos máis vellos tiveron que exiliarse na República Arxentina para escapar do acoso represor. Por estrataxemas das cartas enviadas desde o exilio á súa nai, conseguiron facer crer á policía que Curuxás tamén se achaba fóra do país.
Curuxás, que era militante da CNT, fuxiu ao monte no ano 1936 e foi o xefe da Partida de Curuxás. Pasou 31 anos na clandestinidade e morreu preto de Palas de Rei (Lugo) o día 14/05/1967 por mor da silicose.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.