← Volver atrás

Couto Solla, Secundino

Alcume: o Canteiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Condesa, Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 12/04/1873 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Miguel de Canedo, Ourense
(Ourense)
- 17/09/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, contratista de obras e político, 63 anos. Casou o día 4 outubro de 1906 en Monforte de Lemos (Lugo) con María Domínguez Polín; tiveron tres fillas e dous fillos: Luis e Justo. Veciños do barrio de Canedo (por entón concello). Desde 1909 foi mestre de obras e industrial na súa localidade.

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Ourense, da que foi secretario en 1899 e presidente en 1904. A finais da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja incorporouse á Federación Republicana de Ourense e, despois, ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); elixírono alcalde de Canedo o día 31/05/1931. Presidente do Comité Executivo provincial do PRRS en Ourense.

No ano 1932 ingresou nunha loxa masónica barcelonesa.

Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe de Estado detivérono os represores.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Ourense nunha causa do ano 1936 e condenado á cadea.

Pasou polas cadeas de Ourense e a Prisión Central de Celanova (Ourense). Aproveitaron as súas habilidades como canteiro e mandárono a traballos forzados no Mosteiro de Oseira.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno no ano 1953 a unha importante sanción económica (470.000 pesetas), 12 anos de reclusión e inhabilitación absoluta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha