← Volver atrás

Davila Eiras, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 28/12/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Pobra do Caramiñal
- 15/02/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 35 anos. Veciño de Santo Isidro de Posmarcos, A Pobra do Caramiñal. Emigrado en Estados Unidos, retornou no ano 1931 ao proclamarse a II República. Mariñeiro no mercante Cabo San Agustín. Irmán de Jesús Davila Eiras, fuxido e encarcerado.

Militante da CNT.

Exiliado.

Cando se produce a sublevación militar achábase en Valencia e fixo a guerra civil no bando republicano, traballando no vapor mercante Cabo San Agustín, que facía travesías entre os portos republicanos e os de Rusia para carrexar material bélico e subministracións.

Cando a finais de 1938 Rusia estimou que a guerra civil se perdera para a República, retiveron este e outros barcos en Odessa. A maioría das tripulacións, que eran da UXT e da CNT, quedaron retidas neste porto e, o día 22/06/1941, despois de solicitar o seu pase a Francia ou América do Sur, arrestounos a policía secreta rusa por negarse a traballar nas fábricas soviéticas.

Deportados á actual República de Sakhir, (Siberia, Rusia), para traballar na construción dunha vía férrea e, en novembro de 1942, aos superviventes ingresáronos no Campo de Concentración nº 99 en Karagandá (Kazajstán).

Logo dunha campaña da Cruz Vermella Internacional, iniciada xa no 1947, o día 05/05/1954 chegaba ao porto de Barcelona o barco Semíramis con repatriados españois; o barco saíra do porto de Odessa (Ucraína). Regresaban un total de 286 españois: 229 veteranos da División Azul, 19 desertores do Exército Rojo, 15 alumnos pilotos republicanos, 19 mariñeiros republicanos e catro nenos da guerra.

Dos 19 mariñeiros republicanos repatriados, polo menos sete eran galegos: Juan Castro López, Manuel Dávila Eiras, José García Gómez, Juan-Manuel Gómez Mariño, Antonio Leira Carpente, Enrique Piñeiro Díaz e Ramón Santamaría García.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha