← Volver atrás

Díaz González, Manuel

Alcume: o Pequeniño do Incio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

O Incio
(Lugo)
- 29/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Estevo de Eirexalba, O Incio
(Lugo)
- 11/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 50 anos. Casado con Regina Carnero Pardo (+1923) e logo casou en 1927 coa súa cuñada María-Luz Carnero Pardo. Veciños do Incio. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC); rematou en 1913. Exerceu de médico en Valdesandinas (León) e, en 1920, no Incio, onde o recoñecían pola súa atención aos pobres. Foi inspector de Sanidade.

Alcalde do Incio en 1924. En 1932 o Partido Republicano Galego (PRG) triunfa nas eleccións en Sarria (Lugo). O día 29/12/1935 noméano presidente de Esquerda Republicana (ER) no Incio.

Encarcerado. Paseado.

Despois do movemento sedicioso tentaron convencelo de que fuxira; arrestárono os fascistas en agosto.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 02/08/1936.

O día 07/09/1936 sacárono desta cadea os falanxistas e paseárono. Semella que neste asasinato estiveron implicados os membros da Escuadra Negra de Eirexalba Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba, e algún fillo do médico interino de Atención Pública Domiciliaria (APD) do Incio Manuel López Vizcaíno, logo médico titular desde agosto de 1936.

Morte rexistrada no quilómetro 1 da estrada Bóveda-O Incio, no punto coñecido como Casilla da Serra, en Eirexalba, por mor de morte violenta.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio vello do Incio.

A súa dona marchou en 1951 para Bos Aires (República Arxentina), onde morre en 1982.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha