← Volver atrás

Castro Castro, Manuel

Alcume: Eirexalba, Rei
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Executado

Nacemento:

O Incio
(Lugo)

Morte:

Lugo
- 30/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político. Veciño de Santo Estevo de Eirexalba, O Incio (Lugo).

Afiliouse á Falanxe a primeiros do ano 1936.

Represor. Executado.

Cando se produce o golpe de Estado Jesús Casas González, o Inverno, agochouse na aldea de Covadelas, Santa María de Saa, A Pobra do Brollón (Lugo) e detivérono o día 06/08/1936. Ao Inverno torturárono e paseárono membros da Escuadra Negra de Eirexalba, que dirixía Manuel Díaz López, Chaquetón; escuadra que neste asasinato mandaba Manuel Castro Castro e que se levou a cabo no Alto de Santa Lucía, Saa.

Nesta escuadra estiveron: Manuel Díaz López, Chaquetón; José Castro Castro, Pepe de Arturo; Manuel Castro Castro; Ramón González González e Manuel Rodríguez Castro, entre outras persoas. O grupo dirixíano as xerarquías falanxistas de Sarria (Lugo) e empregaban para o seu terrorismo a coñecida como “camioneta do reparto”, onde trasladaban aos detidos.

Pouco despois, o día 09/08/1936, a Escuadra Negra de Eirexalba executou ao cuñado de Jesús Casas, Ramón Rodríguez Maceda, polo delito de asistir ao enterro de Jesús.

Tamén participou no asasinato do médico do Incio Manuel Díaz González.

Resultou acusado con Manuel Díaz López da execución de Manuel Saco Rivera, asasinado a tiros a finais de agosto de 1938 cando saía do Casino de Sarria e nun atentado político de escuras motivacións. Detivéronos aos dous xunto co indutor do crime, o ex-xefe local de Falanxe Eduardo Gómez Rodríguez-Requejo.

A Manuel Díaz, Manuel Castro e Eduardo Gómez ingresáronos no cárcere de Lugo xunto co ex-xefe provincial de Falanxe, Ramón Martínez Losada. Xulgáronos en consello de guerra e aos dous autores materiais do asasinato executáronos no patio do mesmo cárcere. A Eduardo Gómez indultouno Franco en abril de 1940.

Manuel Castro mantiña con orgullo ter matado a máis de 90 persoas nas accións represoras.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha