← Volver atrás

Saco Rivera, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

Sarria
(Lugo)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sarria
- 28/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 30 anos. Licenciado en Dereito. Veciño de Sarria. O seu irmán Javier Saco Rivera, tamén falanxista, tivo intervención no movemento represor e participou en varios asasinatos.

Nas eleccións xerais de 1933 elixírono deputado por Lugo como republicano independente, formando parte no Congreso do Grupo Parlamentario Agrarista; abandonou o grupo a finais de 1934 e non se integrou no Partido Agrario Español (PAE). Candidato pola Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) nas eleccións de febreiro de 1936; non obtivo acta.

Golpista. Represor.

Amigo de Nicolás Franco Bahamonde, traballou nos preparativos do golpe de Estado desde Portugal e logo na Secretaría Xeral do Estado.

Asociado con Mario-Benito-Nicolás González Zaera, presidente de Falanxe en Lugo, realizou actividades económicas abusivas detraendo importantes cantidades de cartos de Falanxe, extorsións, violencia física e asasinatos de autoridades militares e relixiosas. Nas súas actividades represoras nas Escuadras Negras tamén contou con Pedro Gudín García; Ramón Salgueiro Vázquez; Camilo Rodríguez, o Rubio de Vilamaior; Manuel Carrozas Varela; José Golás Veiga; Julio López López, o Garabito; José López Boado, Teodoro López Vázquez; Jaime González Rigueira, Xaime de Agroxoi, e outros moitos.

Entre xullo e decembro de 1936 os falanxistas de Sarria recadaron sobre as 450.000 pesetas máis o valor doutros bens que incautaron.

Manuel Saco finou asasinado polas costas a finais de agosto, nun atentado político de escuras motivacións, cando o abateron a tiros ao saír do Casino de Sarria os falanxistas da Escuadra Negra de Eirexalba Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba. Semella que o asasinou este grupo falanxista rival nun feito vencellado ás loitas contra os hedillistas. Unha loita na que se atopaba José Viador Traseira, que competía pola Falanxe de Lugo con González Zaera. Os autores materiais serían inducidos polo ex-xefe local de Falanxe Eduardo Gómez Rodríguez-Requejo.

Por estes feitos arrestaron ao garda municipal, Eduardo Gómez e ao xefe provincial de Falanxe de Lugo, Ramón Martínez Losada, a quen cesaron no cargo. Sometidos a consello de guerra, ao autor material executárono e a Eduardo Gómez encarcerárono, rematando indultado por Franco en abril de 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.