← Volver atrás

Carrozas Varela, Manuel

Alcume: Carrozas, o Lexionario
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Sarria
(Lugo)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 29 anos. Solteiro. Veciño de Sarria (Lugo).

Falanxista.

O día 26/06/1936 foi o autor dun atentado contra o concelleiro e secretario de Esquerda Republicana (ER) de Sarria Pedro García Arcas, gravemente ferido e morto ao día seguinte; tamén asasinou ao militante de ER Victoriano Cabarcos López no local da sociedade La Unión.

Considerado un aloucado e un perigo para orde pública.

Represor.

Na madrugada do 23/07/1936 prendérono os franquistas por resistencia e insultos, pero desapareceu do cuartel onde estaba retido antes do seguinte día 1 de agosto.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por resistencia e insultos ás forzas armadas, na causa 579/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 21/08/1936.

Ao pouco tempo nomeárono xefe de milicias de Falanxe de Sarria.

Manuel Saco Rivera, asociado con Mario-Benito-Nicolás González Zaera, presidente de Falanxe en Lugo, realizou actividades económicas abusivas detraendo importantes cantidades de cartos de Falanxe, extorsións, violencia física e asasinatos de autoridades militares e relixiosas. Nas súas actividades represoras nas Escuadras Negras tamén contou con Pedro Gudín García; Ramón Salgueiro Vázquez; Camilo Rodríguez, o Rubio de Vilamaior; Manuel Carrozas Varela; José Golás Veiga, Julio López López, o Garabito; José López Boado; Teodoro López Vázquez; Jaime González Rigueira, Xaime de Agroxoi, e outros moitos.

Entre xullo e decembro de 1936 os falanxistas de Sarria recadaron sobre as 450.000 pesetas máis o valor doutros bens que incautaron.

No ano 1948 ingresou no Instituto Psiquiátrico de Valladolid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha