← Volver atrás

González Zaera, Mario-Benito-Nicolás

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Sarria
(Lugo)
- 17/12/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sarria
- 03/10/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Propietario e político, 35 anos. Casou con Asunción Ruiz Sánchez. Veciños da rúa Matías López, 14, en Sarria. Tiña un laboratorio de especialidades farmacéuticas na súa localidade de residencia. Desenvolveuse como xuíz municipal de Sarria. Xerente do Banco de La Coruña na súa cidade, procuroulle unha quebra de un millón e medio de pesetas, parte delas disimuladas no seu propio proveito.

González Zaera era un defraudador por natureza.

Coa proclamación da II República foi dos primeiros en festexar esta conquista democrática.

Co tempo achegouse a posturas falanxistas. Impulsor de Falanxe en Sarria no ano 1933. En 1935 era xefe provincial de Falanxe en Lugo, aínda que só no sur da provincia; no norte era xefe José Viador Traseira.

Represor.

O día 18/07/1936 acubillábase na casa de Manuel Saco Rivera, nos arredores de Lugo.

O día 18/08/1936 Manuel Hedilla Larrey, ao que Zaera lle regalara un coche que lle expropiara a Rafael de Vega Barrera e 20.000 pesetas, nomeouno xefe territorial de Falanxe en Galicia e colaborou coas autoridades golpistas. Asociado con Manuel Saco realizou actividades económicas abusivas, detraendo importantes cantidades de cartos de Falanxe, extorsións, violencia física e asasinatos de autoridades militares e relixiosas.

Xulgado con Eduardo Gómez Rodríguez-Requejo, Requejo, que era o xefe comarcal de Sarria de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS), cesárono no cargo.

Cesado como xefe territorial e ocupou outros empregos; substituíuno como xefe local de Falanxe en Sarria Manuel Díaz López, Chaquetón.

No ano 1937 arrestárono por non acatar o Decreto de Unificación, acusárono de traizón e de conspirar contra Francisco Franco Bahamonde e xulgárono en León na causa 1/38, con outros falanxistas, en consello de guerra; acusáronos de actividades conspiradoras contra Franco e conseguir a hexemonía de Manuel Hedilla; entre outras persoas acusadas volvía a figurar Requejo.

Xulgado e condenado á pena de morte, conmutáronlle a sentenza pola de cadea perpetua.

Na dita causa os propios franquistas acusábano de “dueños absolutos de vidas y haciendas”.

Permaneceu pouco máis de dous anos na cadea xa que se beneficiou do indulto que promulgou o propio Franco o día 1 de abril de 1940.

Volveu a ocupar cargos de relevancia no organigrama franquista, foi axente executivo de Arbitrios do Concello de Madrid; procesárono, outra vez, por malversación de preto de dez millóns de pesetas. Desde novembro de 1970 marchou cara Sarria e deixou de presentarse diante do xulgado de Madrid, polo que se ordenou a súa prisión provisoria.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.