Nacemento:
Morte:
Político.
Falanxista.
Encarcerado.
Despois do triunfo da sublevación militar o día 24/07/1936 nomeárono xefe local de Falanxe Española (FE) en Sarria (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en Lugo con Mario-Benito Nicolás González Zaera, na causa 1176/36, polo delito de traizón.
Xulgado outra vez con González Zaera, na causa 1/38, por actividades conspiradoras contra Francisco Franco Bahamonde; condenáronos á pena de morte, pero conmutáronlles a pena pola de prisión a perpetuidade.
Manuel Saco Rivera, que tiña relación económica e políticas co xefe provincial de Falanxe de Lugo, González Zaera, aos que acusaran de detraer fondos do partido, finou asasinado a finais de agosto nun atentado político, de escuras motivacións, cando o abateron a tiros ao saír do Casino de Sarria.
Semella que o asasinou un grupo falanxista rival, a Escuadra Negra de Eirexalba por medio de Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba, inducidos polo ex-xefe local de Falanxe, Eduardo Gómez Rodríguez-Requejo. Prenderon a Manuel Díaz, a Manuel Castro, a Gómez Rodríguez-Requejo e ao xefe provincial de Falanxe de Lugo Ramón Martínez Losada, a quen cesaron no cargo.
Sometidos a consello de guerra, aos autores materiais executáronos o día 30/08/1938 e Eduardo Gómez rematou na prisión, pero indultouno Franco en abril de 1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.