Nacemento:
Morte:
Farmacéutico e político. Casado con María Fernández Pérez. Veciños de Monforte de Lemos. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nomeárono farmacéutico da Armada en 1915; boticario tamén en Monforte de Lemos.
Concelleiro da súa vila de residencia en 1922. Na ditadura militar de Miguel Primo de Rivera Orbaneja desenvolveuse como deputado provincial.
Na II República foi presidente da Asociación Patronal da Industria e do Comercio de Monforte de Lemos.
Falanxista.
Represor.
Xefe local de Falanxe de Monforte de Lemos. Despois do triunfo dos rebeldes, nomeárono xefe provincial de Falanxe de Lugo, en xuño de 1937, na substitución de José-María Fenollera Velón.
A Manuel Saco Rivera, que tiña relación económica e política co xefe provincial de Falanxe de Lugo Mario-Benito-Nicolás González Zaera e aos que acusaran de detraer fondos do partido, asasinárono o día 28/08/1938, nun atentado político de escuras motivacións, cando o abateron a tiros ao saír do Casino de Sarria (Lugo). Semella que o asasinou un grupo falanxista rival, a Escuadra Negra de Eirexalba; os autores materiais serían: Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba, inducidos polo ex-xefe local de Falanxe en Sarria, Eduardo Gómez Rodríguez-Requejo.
Prenderon aos autores materiais do crime, a Eduardo Gómez e ao xefe provincial de Falanxe de Lugo, Ramón Martínez Losada, ao que cesaron no seu cargo.
Sometidos a consello de guerra, aos autores materiais executáronos e Eduardo Gómez rematou na cadea. A Eduardo indultouno o Goberno de Francisco Franco en abril de 1940.
Despois da súa detención substituíuno na Falanxe de Lugo Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.