Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 36 anos. Casado con Anuncia Rodríguez Maceda; tiveron catro fillas: Aurelia, Inés, Rosario e Gloria. Veciños de Santo Estevo de Eirexalba, O Incio. De mozo emigrou a Cuba, onde casou con Anuncia e naceron as dúas fillas maiores. Regresaron a Galicia no ano 1928.
Militante libertario, desenvolveu unha importante actividade política. Delegado en 1936 da Sociedade Republicana de Labregos de Santa María de Goó, O Incio. Concelleiro do Incio, propuxérono para alcalde.
Paseado. Sancionado.
Cando se produce o golpe de Estado agochouse na aldea de Covadelas, Santa María de Saa, A Pobra do Brollón; detivérono os fascistas o día 06/08/1936. Torturárono e paseárono os da Escuadra Negra de Eirexalba, que comandaban Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba, no Alto de Santa Lucía de Saa.
Morte rexistrada por mor de hemorraxia torácica a causa de maltrato.
O seu cadáver apareceu na Pobra do Brollón.
Posteriormente ábreselle un expediente e sanciónano por responsabilidades políticas.
Pouco despois, o día 09/08/1936, a Escuadra Negra de Eirexaalba executou ao seu cuñado Ramón Rodríguez Maceda, polo “delito” de asistir ao seu enterro.
A súa viúva Anuncia, a súa sogra Carmen Maceda Macía e o seu cuñado Antonio Rodríguez Maceda marcharon vivir á casa coñecida como Casa do Inverno, onde prestaron refuxio e axuda aos fuxidos.
O día 11/05/1939 forzas da Garda Civil de Monforte de Lemos e Sarria tomaron por asalto esta casa. No enfrontamento, por mor do estoupido dunha bomba de man, morre o tenente Manuel Castro Lebón e os guerrilleiros Benigno Díaz González e Enrique de Vigo, que se agochaban alí desde 1937; outro fuxido puido escapar. Pouco despois e a causa das feridas recibidas, morreu Carmen Maceda, de 72 anos.
A Anuncia e a Antonio detivéronos e condenáronos en consello de guerra á pena de morte. Pena conmutada pola de cadea perpetua. Anuncia morreu na cadea de Lugo, por mor dunha tuberculose, o día 31/12/1941.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.