Nacemento:
Morte:
Mecánico naval, sindicalista e político, 25 anos. Casado. Veciño de Fisterra. Tiña outros seis irmáns, un deles Juan Díaz Lobelos. "De pequeno colaboraba nas tarefas domésticas: buscar leña, pinas, carrexar esterco, ir ao valume...". Logo traballou como pesco no barco do seu pai, amosando interese pola mecánica. Foi 1º maquinista na Mariña Mercante.
Concelleiro de Fisterra nas corporacións de 1931, 1932, 1935 e 1936 e secretario do Sindicato de Oficios Varios en Fisterra, afecto á UXT.
Sendo concelleiro de Fisterra tivo como compañeiro na corporación de 1936, entre outras persoas, a Cipriano Fernández Brage (alcalde), asasinado. Ambos os dous foran concelleiros en 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR), en 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e en 1935 e 1936 por Esquerda Republicana (ER).
Sancionado. Fuxido. Exiliado.
Despois do golpe dos sublevados militares pasou dous días na cadea en Corcubión e multárono con 250 pesetas en agosto de 1936.
Cando o seu irmán Juan e el coñecen que pasearan ao alcalde Cipriano Fernández Brage, barallan a idea de fuxir a territorio controlado polo Goberno legal. Todos os veciños sabían que os dous irmáns se atopaban no punto de mira dos falanxistas polo seu liderado sindical e as súas ideas políticas. José soubo pola muller dun falanxista, amiga súa da xuventude, que os ían matar. Fixéronse con combustible doutras embarcacións, comida, auga, tabaco, roupa de abrigo. O barco familiar, no que tentaban escapar, fondeárano en Corcubión (A Coruña) por orde dos sublevados, para evitar fuxidas. Na noite do 28 de decembro de 1936 asaltaron o pesqueiro Cabo Finisterre, da súa familia e de 12 metros de eslora, soltaron amarras e fuxiron. Desembarcaron en San Esteban de Pravia, Muros de Nalón (Principado de Asturias) o día 18/12/1936 e loitaron co exército leal na fronte asturiana durante a guerra civil.
Residindo xa en Xixón (Principado de Asturias) afiliouse ao PCE en febreiro de 1937.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol por fuga (fuxida da lancha motora Cabo Finisterre), na causa 2/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao rematar a a guerra civil, cando caeu a República, pasaron a Francia. Pepe estivo alí once anos e, no ano 1950, embarcou no vapor Protea e pasou aos Estados Unidos. Co tempo chegaría á República Arxentina.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.