← Volver atrás

Díaz Lobelos, Juan

Alcume: Juan de Xan de Siso
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Fisterra
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Porto Rico
- 01/01/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, chofer, sindicalista e político, 32 anos. Solteiro. Veciño de Fisterra. Tiña seis irmáns, un deles era José Díaz Lobelos, Pepe de Xan de Siso. Aos 17 anos emigrou aos Estados Unidos e regresou no ano 1932. En 1936 traballaba na Coruña.

Militante da UXT e membro do Sindicato de Oficios Varios.

Encarcerado. Fuxido. Exiliado.

Despois do golpe de Estado de xullo agochouse con Justo Galán Barbero na casa de Sebastiana Vitales Gascón, a Asturiana, a quen logo encarceraron e que se exiliou en Venezuela en 1954.

Despois a Juan prendérono os franquistas o día 26/07/1936 e torturárono. Puxérono en liberdade e volveu cara Fisterra.

Cando o seu irmán José e el coñecen que pasearan o alcalde Cipriano Fernández Brage, barallan a idea de fuxir a territorio controlado polo Goberno legal. Todos os veciños sabían que os dous irmáns se atopaban no punto de mira dos falanxistas polo seu liderado sindical e as súas ideas políticas. José soubo pola muller dun falanxista, amiga súa da xuventude, que os ían matar. Fixéronse con combustible doutras embarcacións, comida, auga, tabaco, roupa de abrigo. O barco familiar, no que tentaban escapar, fondeárano en Corcubión (A Coruña) por orde dos sublevados, para evitar fuxidas. Na noite do 28 de decembro de 1936 asaltaron o pesqueiro Cabo Finisterre, da súa familia e de 12 metros de eslora, soltaron amarras e fuxiron. Desembarcaron en San Esteban de Pravia, Muros de Nalón (Principado de Asturias) o día 18/12/1936 e loitaron como milicianos desde xaneiro de 1937 no bando leal na fronte asturiana, na 3ª Compañía do 61º Batallón asturiano e en outubro de 1937 era cabo da 2ª Compañía do 219º Batallón de Infantería.

Cando se achaba en Xixón (Principado de Asturias) afiliouse ao PCE.

Xulgado en Ferrol por fuga co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Finalizada a guerra civil os dous irmáns pasaron a Francia.

Marchou para a República Arxentina en 1951 no Winnipeg, reclamado polo seu irmán José, e máis tarde aos Estados Unidos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.