← Volver atrás

Vitales Gascón, Sebastiana

Alcume: a Aragonesa
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Ansó
(Huesca)
- 21/03/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Venezuela
- 19/11/2000 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciña da Coruña, 34 anos. Emigrou en 1920 aos Estados Unidos e casou co fisterrán Francisco Ballón Pequeño, executado o día 14/08/1936 na Coruña; tiñan dúas fillas. De volta da emigración, instaláronse na Coruña.

Libertaria, afiliouse á Vangarda Feminina da Federación Anarquista Ibérica (FAI) da Coruña. Fundadora da Sección Local de Mujeres Libres da Coruña no ano 1936. Destacou como oradora e en 1935 acompañou a Federica Montseny Mañé (Madrid) un mitin en Betanzos (A Coruña).

Encarcerada. Exiliada.

Despois do levantamento militar a parella que formaban Sebastiana e Francisco mantívose na resistencia ata que Francisco finou paseado.

Acusada de acubillar no seu domicilio a Juan Díaz Lobelos e a Justo Galán Barbero.

Encarcerárona na Prisión Provincial da Coruña.

Posteriormente escondeuse dous anos e sobreviviu facendo contrabando de pan branco entre Sada e A Coruña. Máis tarde vendeu froita nas minas de volframio de San Lourenzo da Agualada, Coristanco (A Coruña); camiñaba 14 quilómetros diarios coa súa filla Luz.

No ano 1954 emigrou coas súas dúas fillas para Venezuela, onde morreu no ano 2000.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha