← Volver atrás

Ballón Pequeño, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Fisterra
(A Coruña)
- 20/02/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Peón, político e sindicalista, 37 anos. Casado coa tamén anarquista Sebastiana Vitales Gascón (aragonesa); casaron cando eran emigrantes nos Estados Unidos; tiveron dúas fillas. Volveron da emigración en 1933 e pasaron un tempo en Ansó (Huesca). Veciños da rúa Orillamar, 60-2º dereita, na Coruña. Primeiro traballou na construción e logo na pesca.

Militante da CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Secretario da Federación Local da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Membro da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción e, tempo andado, cadro do Sección de Redeiros do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), vencellado á CNT.

No ano 1936 pertencía ao grupo anarquista Los Iconoclastas.

Paseado.

Acusado de desobediencia e de incumprimento dos bandos de guerra, detivérono despois do alzamento pola continuidade da folga xeral e a defensa da República nas rúas coruñesas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, condenárono á pena de morte.

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, a causa de ser pasado polas armas polos falanxistas.

Ese día 09 de agosto asasinaron a: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.

Executado no Campo da Rata, na Coruña.

Morte rexistrada na Coruña por feridas de arma de fogo.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cipriano Alvite Alonso, José Quintas Pena, Jaime Rodríguez García, Julio Sabio Sanmartín, Venancio Seoane García e un descoñecido duns 50 anos.

A súa dona, sempre baixo sospeita policial, e as fillas marcharon para Venezuela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha