← Volver atrás

Seoane García, Venancio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro, sindicalista e político, 48 anos. Veciño da Coruña.

Membro e dirixente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña e afiliado á UXT. Dirixente tamén da Sociedade de Dependentes do Casino coruñés.

Paseado.

Prendérono despois do alzamento, o día 06/08/1936, canda outros dirixentes sindicais polo mantemento da folga xeral, que paralizaba parte da cidade herculina, e os fascistas acusáronos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra.

Despois do triunfo da sublevación militar figuraba nos informes da policía represora como persoa perigosa e sen capturar, aínda que o fusilaron aos poucos días.

Venancio figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, ao ser pasado polas armas polos golpistas.

O día 09/08/1936 executaron neste lugar: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cipriano Alvite Alonso, Francisco Ballón Pequeño, José Quintas Pena, Jaime Rodríguez García, Julio Sabio Sanmartín e un descoñecido duns 50 anos.

Abríronlle na Coruña o expediente 138/41 por responsabilidades políticas.

Outras fontes sinalan que o fusilaron o día 14/08/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha