Nacemento:
Morte:
Electricista, sindicalista e político, 31 anos. Veciño da Coruña.
Elixírono vicesecretario da directiva do Orfeón El Eco no ano 1929.
Militante da UXT e dirixente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. Delegado provincial do PSOE.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Administrador do xornal Acción Socialista.
Executado.
Julio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Prendérono os franquistas con outros dirixentes sindicais, a primeiros de agosto de 1936, como represalia pola continuación da folga xeral e acusáronos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra.
Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña; pasárono polas armas os rebeldes.
O día 09/08/1936 executaron a: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.
Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cipriano Alvite Alonso, Francisco Ballón Pequeño, Jaime Rodríguez García, Julio Sabio Sanmartín, Venancio Seoane García e un descoñecido duns 50 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.