← Volver atrás

Alvite Alonso, Cipriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, sindicalista e político, 28 anos. Casado; tiñan catro fillos. Veciños da rúa Linares Rivas, 4 baixo, na Coruña.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Secretario do Sindicato Único da Madeira e da Construción da Coruña, vencellado á CNT. Delegado do comité da Federación Local Obreira (FLO).

Paseado.

A raíz do golpe militar detivérono con outros dirixentes sindicais e acusárono dos delitos de desobediencia e de incumprimento dos bandos de guerra por manter a folga xeral.

Xulgado en consello de guerra na Coruña por tenencia de explosivos, na causa 332/36.

O tribunal ditou sentenza de sobresemento para Andrés Allegue Dopico e Eladio Muíños Díaz. Tamén se procesou neste expediente a: Cipriano Alvite Alonso e José Boedo López, que morreron paseados.

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, a causa de ser pasado polas armas polos falanxistas.

O día 09/08/1936 asasinaron a: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Francisco Ballón Pequeño, José Quintas Pena, Jaime Rodríguez García, Julio Sabio Sanmartín, Venancio Seoane García e un descoñecido duns 50 anos. Trasladárono a un nicho en febreiro de 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha