← Volver atrás

Muíños Díaz, Eladio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/01/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado de tranvías, 39 anos. Veciño da rúa do Orzán, 20-2º, na Coruña.

Presidente do Sindicato de Tranvías da Coruña, da CNT e onde exerce distintos cargos desde 1930. Membro do Comité da Federación Local Obreira (FLO). Dirixente do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Paseado. Desaparecido.

A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación.

Francisco Pérez Carballo, gobernador civil, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, e organizou o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.

O da Coruña formábao o gobernador, con: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.

Detido polos franquistas e ingresado na prisión do Castelo de San Antón, na Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña por tenencia de explosivos, na causa 332/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto a disposición do delegado de Orde Pública.

O tribunal ditou sentenza de sobresemento para Andrés Allegue Dopico e Eladio Muíños Díaz. Tamén se procesou neste expediente a: Cipriano Alvite Alonso e José Boedo López, que morreron paseados.

Semella que o pasearon na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.