Nacemento:
Morte:
Profesor, escritor, xornalista e tradutor, 34 anos. Cando tiña seis anos a súa familia emigrou ao Reino Unido. Estudou Arquitectura Naval en Inglaterra entre 1918 e 1921. No ano 1930 volveu a Galicia.
Asentado en Londres, colaborou coas Irmandades da Fala, coas que seguiu traballando cando en 1930 regresou a Galicia e das que sería presidente en 1935. Tamén publicou en El Pueblo Gallego, A Nosa Terra e Céltiga.
En decembro de 1931 era membro da Asemblea Fundacional do Partido Galeguista (PG), do que sería un militante moi destacado e presidente na Coruña. Tamén foi secretario de Relacións Internacionais do PG. Estivo moi implicado, con Luis Seoane López, na defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e na sua aprobación plebiscitaria. Elixírono compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936, elección que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Sancionado. Exiliado.
A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil as primeiras novas da sublevación. Francisco Pérez Carballo, gobernador civil, recibía instrucións para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común para defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, organizando o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.
A da Coruña formábana o propio gobernador con: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de ER. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas para manter a orde e facer quendas de vixilancia no Goberno Civil.
Cando se produce o alzamento detivérono en Muxía (A Coruña) e, aínda que non chegara a demostrarse unha actitude moi activa, procesárono. Condenárono a 15 anos de inhabilitación absoluta, ao desterro a máis de 100 quilómetros de Muxía e a unha multa de 25.000 pesetas.
Instalouse en San Salvador de Coruxo, en Vigo (Pontevedra), onde se adicou á tradución de poesía inglesa. En 1944 casou en Cambados con Jesusa Sineiro e tiveron oito fillos.
Debido á súa inhabilitación exiliouse en Portugal no ano 1949 e logo no Reino Unido.
Despois de que lle levantaran a inhabilitación volveu a Galicia no 1956 e instalouse en Cambados.
Sometido a un novo procesamento, na causa 13/40, este sería o fallo da sentenza contra Castro del Río, ditada polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña o día 14/01/1940 e que se pode extender a outros depurados: “Fallamos que debemos declarar y declaramos incursos en responsabilidades políticas a los expedientados Plácido Castro Ríos y Alejandro Abella Lema, y les imponemos como sanciones, al primero 15 años de inhabilitación absoluta, ocho años y un día de destierro a más de cien quilómetros de Mugía, y veinticinco mil pesetas de multa; y al segundo la de cinco mil pesetas”.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.