← Volver atrás

Vidal Ojén, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario. Veciño da rúa Campo de Artillería, 13-3º, na Coruña. Practicante da beneficencia municipal do Concello da Coruña.

Militante das Xuventudes de Esquerda Republicana.

Depurado.

A primeiras horas da noite do 17 de xullo chegaban ao Goberno Civil da Coruña as primeiras novas da sublevación. Francisco Pérez Carballo, gobernador civil, recibía instrucións do Goberno legal para convocar aos líderes políticos e sindicais para facer unha fronte común e defender a legalidade política, referendada nas urnas en febreiro, organizando o chamado Comité de Defensa da República, igual que o formado en todas as cidades e pobos de España.

O da Coruña formábao o propio gobernador con: Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local do PSOE; José García García, Pepín da Lixivia, polas XSU; José Moreno Torres, secretario xeral da Confederación Rexional Galaica (CRG); Francisco Mazariegos Martínez, da UXT; Alfredo Suárez Ferrín, alcalde e representante de UR; Eladio Muíños Díaz, da CNT; Jacinto Méndez Esporín, da FAI; Manuel Fernández Fernández, do Partido Sindicalista; Nicolás Torres Ferro, polo PCE; Plácido-Ramón Castro del Río, polo PG; Joaquín-Manuel Guzmán García, por ER e Luis Vidal Ojén, polas Xuventudes de IR. Todo co obxectivo de enfrontarse á rebelión militar que se agardaba estoupase en calquera momento na cidade. Armar os obreiros, formar patrullas para vixiar a evolución dos movementos nos cuarteis, controlar as comunicacións e aos individuos extremistas de ideoloxía fascista, requisar as armas aos das dereitas, controlar as rúas.

Os franquistas abríronlle un expediente de depuración e separárano do cargo de practicante municipal.

Segundo un oficio da Inspección Provincial de Sanidade da Coruña do día 13/08/1936 «fue durante muchos años activo militante de izquierdas en organizaciones obreras, políticas y en Centros llamados culturales, de marcada tendencia disolvente por haber pertenecido como afiliado al partido republicano de izquierdas, a la CNT y al Ateneo Libertario “GERMINAL” habiendo actuado además en las elecciones que motivaron el advenimiento del Frente Popular y después como persona de confianza del Gobernador Civil de La Coruña Sr. Pérez Carballo, durante la dominación de la organización política. Estos hechos probados revelan en el expedientado una ideología y actuación contrarías a la Causa Nacional, si bien también se halla probado que una vez producido el Alzamiento Salvador de España, el Sr. Vidal Ogén se ofreció a la Benemérita Institución de la Cruz Roja como practicante».

Destituído o día 05/09/1936 como practicante da beneficencia municipal da Coruña, pero sen perder o dereito a optar a outras prazas. A partir do ano 1939 exerceu como practicante en Cesuras (A Coruña).

Algunhas fontes empregan Ogén como o seu segundo apelido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.