← Volver atrás

Allegue Dopico, Andrés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 25/04/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 10/03/1993 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 25 anos. Casado en 1935 con Carmen Varela Roca. Veciños da Coruña. Representante de comercio.

Membro do Comité Local da CNT e secretario do Sindicato de Representantes de Comercio da Coruña no ano 1935.

Encarcerado. Exiliado.

Arrestado polos fascistas.

Inculpado en causa militar na Coruña polo achado de armas e de explosivos no local da CNT.

Xulgado en consello de guerra na Coruña por tenencia de explosivos, na causa 332/36, co resultado de sentenza de sobresemento e posto á disposición do delegado de Orde Pública.

O tribunal ditou sentenza de sobresemento para Andrés Allegue Dopico e Eladio Muíños Díaz. Tamén se procesou neste expediente a: Cipriano Alvite Alonso e José Boedo López, que morreron paseados.

A Andrés integrárono pola forza no exército franquista.

Despois da guerra civil, nos primeiros anos corenta, foi secretario do primeiro Comité Rexional de Galicia da CNT.

Arrestárono as forzas represoras despois dunha batida en 1948.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) co resultado de sentenza a cinco anos de cadea.

Cando o puxeron en liberdade emigrou a Venezuela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha