← Volver atrás

Rodríguez García, Jaime

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico, político e sindicalista, 38 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños da Coruña.

Presidente do Sindicato de Metalúrxicos da Coruña, da CNT, ao que representou no ano 1931 no Congreso da CNT en Madrid.

Paseado.

Prendérono os fascistas con outros dirixentes sindicais na represalia pola persistencia da folga xeral dos primeiros días de agosto de 1936 na Coruña.

Os franquistas acusárono de desobediencia e de incumprimento dos bandos de guerra e prendérono pola continuación da folga xeral.

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, ao ser pasado polas armas polos falanxistas.

O día 09/08/1936 asasinaron a: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cipriano Alvite Alonso, Francisco Ballón Pequeño, José Quintas Pena, Julio Sabio Sanmartín, Venancio Seoane García e un descoñecido duns 50 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha