← Volver atrás

Sabio Sanmartín, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, sindicalista e político, 40 anos. Casado con Teresa Fernández Rodríguez; tiñan catro fillos. Veciños da Praza de Azcárraga, 10-2º, na Coruña.

Tesoureiro en 1936 do Sindicato de Traballadores de Oficinas da Coruña, da UXT. Militante do PSOE.

Apoderado da candidatura da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Detido polos rebeldes na rúa Real, na Coruña, con outros líderes sindicais, pola continuación da folga xeral e acusárono dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra.

Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, ao ser pasado polas armas polos falanxistas.

O día 9 de agosto asasinaron a: Cipriano Alvite Alonso, carpinteiro; Francisco Ballón Pequeño, peón; José Quintas Pena, electricista; Jaime Rodríguez García, metalúrxico; Julio Sabio Sanmartín, empregado, e Venancio Seoane García, camareiro.

Manifestou diante do xuíz que se topara na rúa Real con Francisco Mazariegos Martínez, quen lle pedira que o acompañase ao Goberno Civil para resolver uns asuntos relacionados co conflito do porto; como había moito barullo alí, non resolveron, deixou o edificio e dirixiuse, logo dunhas xestións, cara a súa casa, cando o sorprendeu o tiroteo. Cando pararon os tiros decidiu encamiñarse de novo para o seu domicilio e prendérono na rúa Real forzas de Infantería, que o xuntaron cos outros detidos. Tamén manifestou que non interviñera nos actos de resistencia contra o exército golpista.

Soterrárono o día 9 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cipriano Alvite Alonso, Francisco Ballón Pequeño, José Quintas Pena, Jaime Rodríguez García, Venancio Seoane García e un descoñecido duns 50 anos. Trasladárono a un nicho en febreiro de 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha