Nacemento:
Morte:
Tiña 8 anos. Compañeira de Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, Chao. Orfa de nai, pertencía a unha familia que auxiliaba a opositores ao franquismo. Era a pequena de cinco irmáns.
Fuxida. Morte en enfrontamento.
Pertencía a unha familia de enlaces da guerrilla antifranquista.
No mes de novembro de 1938 Luis-María Trigo formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia.
Antonia pasou á clandestinidade a finais do ano 1946, ano no que posiblemente coñeceu a Gardarríos, que ás veces se acubillaba na casa familiar. Escapou porque se sentía ameazada polos represores, que a acusaban de auxilio a fuxidos. A familia esqueceuse dela e ata o propio pai a tivo denunciado.
Andou polos montes e en casas de apoio con Luis-María Trigo uns dous anos, en moitas ocasións disfrazada de home, polo que non a recoñecían.
A Garda Civil e a Policía Armada, alertados da presenza de Gardarríos en Lourenzá, montaron unha redada na casa dun enlace. As forzas represoras, pertencentes á Brigada Político Social de Madrid, achábanse baixo as ordes do sarxento Sebastián Fernández Rivas, Rica.
Cando Luis-María e a súa compañeira Antonia, que viñan da festa do San Xoán de Ove, Ribadeo, chegaron á casa de apoio en Vilanova, metralláronos no xardín deste domicilio. A Antonia ferírona de gravidade cos primeiros tiros, pero Luis-María Castro mantivo o tiroteo catro horas, ata que o mataron. A moza tivo unha longa agonía e apareceu cribada a balazos, segundo o informe forense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.