← Volver atrás

Díaz Ramos, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Sevilla
- 03/05/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tiflis
(Xeorxia)
- 20/03/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro e político, 41 anos. Panadeiro desde os once anos.

Aos 18 anos era afiliado do Sindicato de Panadeiros de Sevilla, que acabaría por unirse á CNT. Fixo unha intensa labor sindical na clandestinidade durante a ditadura militar de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e prendérono en Madrid en 1925. Ingresou no PCE en 1927. En 1932 era secretario xeral do PCE en España, cargo que desenvolveu durante unha década na II República e durante a Guerra Civil Española, ata a súa morte en 1942.

Participou nas negociacións para formalizar a Fronte Popular (FP) xunto con socialistas e republicanos. Nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono deputado por Madrid.

Exiliado.

Cando estourou a guerra civil centrou toda a súa actividade no partido e non ocupou postos nos gobernos da República. Perdeu parte do seu carisma diante da presencia do italiano Palmiro Togliatti, auténtico xefe do PCE durante a guerra española. A súa enfermidade, un cancro de estómago, fixo que quedara relegado no PCE. Crítico coa intervención dos soviéticos nos asuntos internos de España.

As forzas de Gonzalo Queipo de Llano Sierra asasinaron ás súas irmás Carmen Díaz Ramos e Concha Díaz Ramos e á súa antiga parella sentimental Teresa Santos, fusiladas as tres en Sevilla polos fascistas e por mor do seu parentesco co secretario xeral do PCE.

Por causa da súa enfermidade trasladouse a Tiflis en decembro de 1938 e suicidouse uns anos despois porque non aguantaba as dores que estaba a producirlle a doenza, xa moi avanzada; guindouse desde unha xanela.

Despois da súa morte Dolores Ibárruri Gómez asumiu o liderado do PCE.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha