Nacemento:
Morte:
Avogado, mestre, xornalista, escritor e político, 41 anos. Veciño de Madrid. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1916. Funcionario do Ministerio de Facenda. Irmán de Álvaro Domínguez Benavides e José Domínguez Benavides, tamén exiliados.
Militante da Agrupación Socialista (AS) madrileña desde 1932.
Colaborador en varios xornais, sendo redactor de El Liberal e de La Estampa. Novelista de extensa obra e con moitos premios; alcanzou a fama en 1934 con El último pirata del Mediterráneo, sátira sobre o naviero Juan March Ordinas.
Por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 pasou dous meses no cárcere e, despois, estivo no exilio en París (Francia).
Exiliado.
Durante a guerra civil volveu a España e desenvolveuse como comisario político na Armada republicana, ás ordes de Bruno Alonso González (Castillo Siete Villas, Arnuero, Cantabria), comisario da Frota Republicana.
Ao rematar a contenda exiliouse en Francia.
En xullo de 1939 embarcou no buque Ipanema cara México e chegou a Veracruz o día 07/07/1939.
Pouco antes de morrer pasouse ao PCE.
Finou en México dunha afección na gorxa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.