← Volver atrás

Domínguez Polín, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Chantada
(Lugo)
- 22/09/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Miguel de Canedo, Ourense
(Ourense)
- 18/08/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 47 anos. Casou o día 4 de outubro de 1909 en Monforte de Lemos (Lugo) co canteiro, contratista de obras e político Secundino Couto Solla; tiveron tres fillas e dous fillos: Luis e Justo. Veciños do barrio de Canedo (por entón concello). O seu home desde 1909 foi mestre de obras e industrial na súa localidade.

Secundino foi membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Mourente, da que foi secretario en 1899 e presidente en 1904; a finais da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja incorporouse á Federación Republicana de Ourense e, despois, ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS); elixírono alcalde de Canedo o día 31/05/1931; tamén presidiu o Comité Executivo provincial do PRRS en Ourense e no ano 1932 ingresou nunha loxa masónica barcelonesa.

Vítima colateral.

Despois do golpe de Estado ao seu marido detivérono os represores, xulgárono e condenárono á cadea.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno ao seu home no ano 1953 a unha sanción económica de 470.000 pesetas (unha fortuna), 12 anos de reclusión e inhabilitación absoluta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha