← Volver atrás

Dotras Fábregas, Josefina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionada. Exiliada

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/11/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Traballo na casa, 48 anos. No ano 1918 casou co industrial e político Alejandro Viana Esperón; non tiveron fillos. O seu home adicouse á exportación de ovos e, despois de casar, traballou na industria das conservas.

No ano 1933 Alejandro presentouse como candidato a deputado ás Cortes por Acción Republicana (AR), sen obter acta; no ano 1935 era o xefe provincial de Esquerda Republicana (ER) en Pontevedra e obtivo escano nas eleccións do ano 1936; alcalde de Vigo (Pontevedra) por uns meses.

Sancionada. Exiliada.

Cando se desenvolve o golpe militar Alejandro era deputado en Cortes e achábase en Madrid, onde permanece ata o ano 1938 cando pasa a Valencia e logo a Barcelona. No ano 1939 exíliase en París (Francia), onde se converte no responsable do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE), organizando a saída de máis de 30 barcos cuns 17.000 refuxiados republicanos e recoñecido como o Schindler galego. No ano 1941 exiliouse en México.

Durante a guerra civil Josefina tivo que facer fronte a unha sanción dos golpistas de 200.000 pesetas, que pagou na Coruña para evitar o embargo dos bens.

Tivo que traballar como enfermeira na Cruz Vermella en Vigo (Pontevedra) para os feridos dos sublevados.

Pasaron 11 anos sen verse, ata que no mes de maio de 1947 Josefina pode exiliarse tamén en México, despois de pasar polos Estados Unidos.

O seu home morre no ano 1952 e, co tempo, Josefina volve a Galicia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha