← Volver atrás

Viana Esperón, Alejandro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 16/05/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México (México) 30/04/1952.

Biografía

Comerciante e político, 59 anos. No ano 1906 casou con Josefina Dotras Fábregas, de Marín (Pontevedra), exiliada; non tiveron fillos. Tío de Javier Estévez Viana, paseado. Adicouse á exportación de ovos e, despois de casar, traballou na industria das conservas.

No ano 1933 presentou a súa candidatura a deputado nas Cortes por Acción Republicana (AR), sen obter acta. No ano 1935 era o xefe provincial de Esquerda Republicana (ER) en Pontevedra e obtivo escano nas eleccións do ano 1936. Alcalde de Vigo (Pontevedra) por uns meses. Amigo persoal de Manuel Portela Valladares.

Exiliado.

Cando se desenvolve o golpe militar era deputado nas Cortes e achábase en Madrid, onde permanece ata o ano 1938, cando pasa a Valencia e logo a Barcelona.

No ano 1939 exíliase en París (Francia), onde se converte no responsable do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE), organizando a saída de máis de 30 barcos cuns 17.000 refuxiados republicanos e polo que se coñeceu polo Oskar Schindler galego.

No ano 1941, despois da invasión nazi de Francia, pasa a Burdeos (Nova Aquitania, Francia), Suíza e Tolón, de onde tenta marchar á República Arxentina no mesmo barco que o ex-presidente da República Niceto Alcalá-Zamora. A viaxe complicouse e pasou por Senegal, estivo un mes nun campo de concentración en Casabranca (Marrocos) Despois de moitos contratempos conseguiu chegar a Veracruz (México) o día 19/11/1941, onde abre unha farmacia.

Josefina non puido reunirse con el ata maio de 1947, once anos despois de separarse.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha