← Volver atrás

Estévez Viana, Javier

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

As Neves
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 14/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 33 anos. Casou en Vigo (Pontevedra) en novembro de 1929 con Isabel Sangermán Alfaro. Veciños de Ponteareas (Pontevedra). Sobriño de Alejandro Viana Esperón, xefe provincial de Esquerda Republicana (ER) e exiliado en México. Comerciante en Ponteareas.

Membro do Centro Republicano de Tui, en 1933 pasouse ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e despois a Esquerda Republicana (ER) e elixírono vicesecretario das Xuventudes de ER de Ponteareas en marzo de 1935. Participou nos mitins das eleccións de febreiro de 1936.

Colaborou con Tribuna e con Renovación e traballou como correspondente de El País na súa localidade.

Paseado.

Cando se produce a revolución golpista participou no Comité de Defensa da República en Ponteareas.

Cando os facciosos tomaron a vila agochouse na casa duns correlixionarios, preto do mosteiro de San Diego de Canedo, en Ponteareas. Detido e ingresado no cárcere de Tui o día 13/08/1936.

Ás 19:00 h do día 14/09/1936 a Garda Civil e un grupo de falanxistas veciños levárono ao depósito municipal de Ponteareas. Torturárono para que delatase o agocho dos republicanos fuxidos; sofre malleiras, amputación dos órganos sexuais, perda das unllas e perforacións pulmonares con agullas. Levárono á praza da vila baixo a ameaza de matalo diante da casa da súa nai.

Finalmente a Javier asasinárono no cemiterio da vila de Ponteareas.

Morte rexistrada en Ponteareas por mor de traumatismos por disparos de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha