Nacemento:
Morte:
Militar, 24 anos. Solteiro. Mariño da Armada, alférez de fragata en 1933 e alférez de navío en 1934. En 1936 pertencía á dotación do acoirazado Jaime I.
Golpista.
Uniuse á conspiración militar en contra do Goberno republicano.
O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. O capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón era o xefe do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que estaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra), antes de que o barco saíra cara Cádiz por orde do Goberno republicano e para facer fronte aos rebeldes.
O día 20 de xullo a mariñeiría leal decidiu tomar o barco diante das sospeitas de que os oficiais se uniran aos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid. Os oficias Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte coas súas armas desde a ponte do acoirazado. Morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e os outros dous, Otero Goyanes e Falquina, feríronos no enfrontamento.
A Falquina ferírono dun tiro na barriga e chegou con vida a Tánxer (Marrocos), onde o hospitalizaron, pero morreu aos poucos días. Soterrárono en Tetuán.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.