Nacemento:
Morte:
Radiotelegrafista e político. Veciño de Fisterra (A Coruña). Radiotelegrafista na Estación do cabo de Fisterra.
O día 10/11/1932 elixírono alcalde de Fisterra (10 dos 14 votos) por Esquerda Republicana (ER), substituíndo a Pedro Paz Rodríguez (+1932) morto en accidente de coche e que tamén era de ER. Promoveu a construción de fontes e lavadoiros por todo o municipio, instalacións de alumeado público e adquiriu terreos para a construción de cemiterios municipais; reparou rúas, reclamou unha Estafeta de Correos e axudou economicamente aos máis necesitados. Mellorou as escolas públicas e pelexou coas autoridades para construír en Fisterra un porto refuxio, o que logrou en 1935 do Goberno de Manuel Azaña Díaz. Notables melloras implantadas no municipio nos breves anos republicanos que sentaron as bases para o progreso económico e social.
Asistiu á Asemblea Rexional de Municipios, que tivo lugar en Santiago de Compostela (A Coruña), do 17 ao 19 de decembro de 1932, onde se aprobou o proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Deputado provincial.
Sendo alcalde de Fisterra tivo como compañeiro de corporación, entre outras persoas, a José Díaz Lobelos, exiliado. Ambos foran concelleiros en 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR), en 1932 pola Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e en 1935 e 1936 por ER.
Paseado.
Pasou a vivir na Coruña e detivérono os falanxistas de Fisterra e de Zas na rúa de San Andrés, na Coruña, cando paseaba coa súa dona. Entre os vitimarios estaba o seu veciño Rafael Rodríguez Ibars.
Paseado polos fascistas da zona de Fisterra e Corcubión o día 5 de novembro de 1936.
O seu corpo apareceu nun pozo da ponte da Castellana, en Vilarraso.
Nun principio rexistrárono como descoñecido e identificado con posterioridade.
Abriuse unha causa militar para aclarar o seu homicidio; non prosperou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.