← Volver atrás

Fernández Pérez, Manuel

Alcume: o Chacho
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 28/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, 17 anos. Solteiro. Veciño da rúa Nova, 43, en Betanzos, onde vivía cos seus pais. Fillo da Chacha. Semella que traballaba de mecánico no taller de Couto.

Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Betanzos. Na casa do lado da súa vivía Andrés Carro Silva, o Retratista (Braga, Portugal), un dos líderes comunistas da localidade e que tería influído sobre os seus ideais.

Paseado.

Despois do golpe militar detiveron a: Camilo Naveira Ferreño, CNT, Bernardo Miño Abelenda, PSOE, Antonio Lagares Gómez, PSOE, Manuel Fernández Pérez, o Chacho, PCE, e Francisco Moreno Vilariño, PSOE; leváronos á Coruña e notificáronlles que non había cargos contra deles. Devoltos ao cuartel da Garda Civil de Betanzos, ás 02:00 h leváranos á caseta de San Paio, no quilómetro 2 da estrada Betanzos-Ferrol, onde os fusilaron. A Francisco Moreno Vilariño dérono por morto e sobreviviu á masacre.

Morte rexistrada ás 03:00 h por mor dunha hemorraxia interna intracranial.

O seu cadáver apareceu na Ponte de San Paio, en Betanzos.

O Rexistro Civil de Betanzos sinala como causa da súa morte unha hemorraxia interna intra-torácica.

Soterrárono no cemiterio de Betanzos.

Este sería o derradeiro paseo de betanceiros e o que a máis persoas afectou; tamén foi o que quedou máis fixado na memoria dos veciños.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha