Nacemento:
Morte:
Médico e político, 45 anos. Casado; tiñan seis fillos. Desenvolveuse como médico no Hospital Provincial de Oviedo (Principado de Asturias) e despois montou unha clínica en Ponteareas (Pontevedra), onde obtivo recoñecemento por atender ás persoas sen recursos e sen cobrarlles.
Presidente da Casa do Pobo de Ponteareas e de Esquerda Republicana (ER).
Nomeárono gobernador civil de Lugo despois das eleccións de febreiro de 1936 ata xuño dese ano, cando o destinaron como gobernador civil a Málaga (do 03/06/1936 ao 10/10/1936).
Exiliado. Encarcerado. Executado.
Cando se produce o golpe de Estado tivo que facer fronte en Málaga ao levantamento militar. No mes de outubro de 1936 cesouno como gobernador civil o ministro de Gobernación Valentín Galarza Morante por mor duns rumores que o acusaban de apropiación de fondos.
Regresou ao Principado de Asturias coa súa familia e dirixiu o Hospital de Llanes durante un mes, ata que o destituíron pola desconfianza sobre a súa persoa dos dirixentes da Fronte Popular (FP).
Coa caída da Fronte Norte en 1937 pasou a Francia e, ao carecer de medios, volveu a España como médico da Subsecretaría de Armamento de Barcelona ata a caída de Cataluña.
Despois da caída da fronte catalá exiliase en Francia.
Ingresárono nun campo de concentración francés, prendeuno a Gestapo (policía secreta nazi) o día 10/06/1940 e enviárono a España con outros detidos, entre eles Lluis Companys Jover (Torrós, Tornabou, Lleida). Trasladado á Dirección Xeral de Seguridade en Madrid e, logo, á Prisión Provincial de Sevilla e á de Málaga, na que o internan o día 20/10/1940.
Xulgado en consello de guerra en Málaga o día 20/03/1942 polo delito de rebelión militar, na causa 314/41, acusado de permitir como gobernador civil a saca de 275 persoas as que executaran. Fernández Vega declarou descoñecer estas execucións e manifestou no xuízo que salvara a vida de moitas persoas. Condenárono á pena de morte.
Fusilado no cemiterio de San Rafael, en Málaga; alí o soterraron nunha fosa común.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.