Nacemento:
Morte:
Xastre, 43 anos. Casado con María-Benedicta Bello Pernas, que traballaba na casa; tiveron tres fillas: Alejandrina, Enriqueta e Dora. Veciños de Santa María de Bretoña, A Pastoriza (Lugo).
Vogal da Agrupación Socialista (AS) de Mondoñedo no ano 1932.
Encarcerado.
O día 01/06/1937 prendérono coa súa dona e acusáronos de auxilio á rebelión por axudar a fuxir ao alcalde Victoriano Mateo Hombreiro, ofrecéndolle vivenda e alimento durante o tempo que permaneceu agochado.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 18/04/1937.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 30/07/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 535/37, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión segundo resolución do día 08/08/1937.
Neste procedemento tamén xulgaron á súa dona, María-Benedicta Bello Pernas, á que condenaron a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 210 do día 29/07/1941.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, sancionárono e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.